A deportista portuguesa fixo un tempo dunha hora, 53 minutos e 27 segundos, a máis dun minuto de vantaxe da segunda, a australiana Emma Snowsill.
Vanessa Fernandes / Foto: vanessafernandes.net
A triatleta portuguesa Vanessa Fernandes converteuse este sábado na campioa do mundo de triatlón, nunha proba que se disputou na cidade alemá de Hamburgo. Fernandes fixo un tempo de 1 hora, 53 minutos e 27 segundos. Xa dende a proba de natación, que resolveu en 18 minutos e 10 segundos, mantivo a vantaxe sobre as súas rivais, que se ampliou considerabelmente na carreira en bicicleta.
O domingo será a quenda da categoría masculina, coa presenza de dous galegos: Iván Raña e o favorito, Xabier Gómez Noya.