O checo Ospaly apartou da vitoria ao galego na recta final.  A cinco segundos deles chegou  Iván Raña. 
Xavier Gómez Noya saira entre os primeiros do treito de natación e estivo á beira do ordense Iván Raña durante a maior parte da proba de bicicleta, viaxando os dous nun pelotón de corredores que chegou a ceder até máis dun minuto sobre o británico Hayes, que liderou a carreira durante moito tempo. 
A menos dun quilómetro da meta descolgouse Iván Raña e no sprint final Gómez Noya acusou o esforzo realizado no último treito para neutralizar os escapados. Finalmente, vitoria para o checo Ospaly. A 5'50'', na posición 46ª, entrou en meta outro galego, o coruñés David Castro. 
En categoría feminina gañou a portuguesa Vanessa Fernandes. Con esta son cinco veces consecutivas as que venceu Fernandes na proba madrileña da Copa do Mundo de triatlón.
Todos os resultados en Triatlón.org.