Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ranking de ‘Forbes’

Rosalía Mera, entre as cen máis poderosas do mundo

A empresaria coruñesa entra na listaxe da publicación norteamericana no posto 76.

Redacción - 17:00 01/09/2007
Rosalía Mera

Rosalía Mera

A empresaria Rosalía Mera figura na lista das 100 mulleres máis poderosas do mundo que elabora a revista estadounidense Forbes. Segundo a publicación, Mera, que ocupa o posto 76, destaca pola variedade de negocios en que investiu o diñeiro que obtivo cando Inditex saíu á bolsa.

A ex-muller de Amancio Ortega e cofundadora do imperio Inditex é a única galega da listaxe, onde só hai outra representante da Península Ibérica, a presidenta de Banesto, Ana Patricia Botín, no posto 40.

Para Forbes a muller máis poderosa do mundo, e a que encabeza a clasificación, é a chanceler de Alemaña, Angela Merkel. A segunda é Wu Yi, vicepresidenta da China, e a terceira Ho Ching, directora executiva de Temasek Holdings, de Singapur.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: