Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova fonte de combustíbel

Unha investigación pretende converter a graxa de peixe en biodiésel

O estudo, promovido por Anfaco e subvencionado por Industria, permitirá aproveitar un residuo da industria conserveira.

Redacción / EP - 13:15 01/09/2007

Un estudo sobre a viabilidade de aproveitar a graxa de peixe residual da industria conserveira para a produción de biodiésel. O traballo estao a elaborar o Centro Tecnolóxico de Conservación de Produtos da Pesca, de Anfaco-Copesca e está financiado con 111.119 euros pola Consellaría de Innovación e Industria até 2008.

Nun comunicado, os investigadores do proxecto explican que o biodiésel, alternativa sustentábel ao combustíbel fósil, pódese obter da graxa animal a través dun proceso de «transesterificación alcohólica», aínda que até o momento só se puido obter de lípidos vexetais.

Segundo a investigadora Ana Belén Torres, o proceso permitiralles ás empresas de transformación de peixe ter distintas alternativas de aproveitamento dos residuos. Deste xeito, abriríase unha nova vía de produción de biocarburantes.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: