Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Ecoloxistas entenden que non hai motivos para o rexeite

ZEPA da Limia, boa para o Ambiente e para as persoas

As asociacións galegas de defensa ambiental defenden a declaración da Limia como ZEPA e amosan a súa sorpresa perante o rexeitamento desta por parte dalgunhas persoas e colectivos con presenza na comarca. Os ecoloxistas coidan que a declaración como ZEPA terá beneficios ambientais e sociais na Limia e entenden que isto debe ser explicado á cidadanía.

Federación Ecoloxista Galega, Movemento Ecoloxista da Limia, Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA, Verdegaia, Erva - 11:42 25/08/2007
Tags:

Malia a súa catastrófica transformación dende a desecación do “gran mar interno” da Lagoa de Antela, que ocasionou a desaparición dun gran número de especies, A Limia é lugar de interese para as aves polo mosaico de zonas arboradas, húmidas (que aínda se conservan), CULTIVADAS E PASTOREADAS. A declaración como ZEPA destes territorios da Limia van ser beneficiosos para o Medio Ambiente, como a curto ou medio prazo para as xentes da zona e particularmente para os agricultores e gandeiros.

As declaracións dalgunhas organizacións sociais de que non se tiña coñecemento deste proceso resultan sorprendente, pois foron expresa e abertamente informadas con caracter previo a exposición pública durante a reunión, celebrada o pasado 11 de xullo, do Consello Galego de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible, máximo órgano Consultivo en temas Ambientais. Fora da Orde do Día, presentouse o borrador de Declaración comoo ZEPA tanto da Limia coma de Pena Trevinca. Nese órgano, ademais das Administracións Autonómica, provincial e local, están representadas organnizacións sociais como tres sindicatos de ámbito xeral, tres do ámbito agrícola e gandeiro (entre eles o Sindicato Labrego Galego, SLG), confrarías de pescadores, asociacións de veciños, empresariais, ecoloxistas entre outras. As afirmacións de que non se tiña coñecemento deste proceso non poden resultar máis do que rechamantes, xa que existiu información previa  á exposición pública.

Polo demais o que neste momento está a exposición pública é un Decreto de declaración, normativa que na práctica non establece ningunha limitación as actividades económicas na zona afectada, que se determinarán con posterioridade. Polo que nos sorprende a capacidade predictiva de aqueles estamentos que están a manifestarse en contra da declaración de ZEPA.

As actividades agrícolas e gandeiras, son imprescindibles para algunhas das especies que motivan declaración comoa Zona de Especial Protección para las Aves, polo que as organizacións de defensa do Medio Ambiente estaríamos en contra dunha hipotética suposta eliminación destas actividades das que se está a falar sen fundamento legal e real algún.

BENEFICIOS ECONÓMICOS
A modificación da Política agraria Común (PAC) vai provocar a desaparición das axudas das que se estaban a beneficiar o agro, derivándose cara aquelas actividades agrícolas beneficiosas para o medio ambiente, a calidade e a seguridade alimentaria. A partires de agora terán preferencia a recibir estas axudas as zonas protexidas e aquelas nas que as actividades se reorienten a unha producción de calidade e/ou ecolóxica.

Polo devandito, a súa declaración de lugar ZEPA, será beneficioso para os homes e mulleres que viven na Limia.  Asociar o cultivo da pataca da Limia co dunha zona ben conservada, será unha garantía de imaxe e de comercialización asegurada e na que se debe traballar. Precisamente amplas zonas que hoxe se pretenden declarar coma ZEPA xa están incluídas na Reserva da Biosfera. Declaración esta realizada o ano pasado nun acto celebrado en Allariz no que participou  O Conselleiro de Medio Rural e o Vicepresidente da Xunta e que contou co beneplácito da Sociedade en Xeral sen levantar ningún tipo de polémica. Polo que nos sorprende a oposición que agora se está a expresar por algúns sectores sociais

As Institucións públicas, partidos e sindicatos, deben facer un esforzo en explicarlle á poboación, que as figuras de protección da natureza, lonxe de ser unha limitación, son unha oportunidade de xeración de riqueza e de calidade de vida para os  habitantes destas zonas.

Finalmente, propomos a todos os axentes sociais e políticos, que deixen os intereses partidistas e fagan posible posible avanzar na mellora das condicións ambientais e sociais aproveitando todo o que de positivo ten esta declaración, reclamando os recursos técnicos e financeiros que xa están dispoñibles na Unión Europea.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: