Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Os labregos lonxe de resultar perxudicados poden percibir numerosas axudas europeas para a actividade agrícola.

ADEGA ofrécese a informar e intermediar entre Administración e labregos para a zona ZEPA da Limia

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) ofrécese para informar aos veciños da Limia e a intermediar entre labregos e administración para o establecemento dunha zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) na Limia.

ADEGA - 18:44 22/08/2007
Tags:

ADEGA quere destacar a existencia de numerosos axudas para as áreas protexidas para a Rede Natura e as zonas ZEPA. Entre elas: Leader Plus, Fondos FEDER, Fondo social de Cohesión, Fondos FEADER, etc.

Estas axudas poden empregarse para reducir os impactos ambientais o que inclúe o tratamento dos residuos agrogandeiros, a mellora dos sistemas de rego, a promoción da agricultura (ecolóxica, integrada, ou tan sequera a reducción de fitosanitarios, etc).

Ademais en virtude da PAC (política Agraria Común) as axudas para a agricultura en xeral corren o risco de desaperecer nos próximos anos. As únicas axudas que non corren risco de desaparición son as empregadas para a producción de calquera producto agrícola en zonas ZEPA e LIC da Rede Natura.

ADEGA considera que é necesaria a información previa aos veciños da Limia sobre as características das zonas ZEPA, xa que estas dispoñen dun Plan de Ordenación dos Recursos Naturais que se pode adaptar ás necesidades, características e problemática de cada espazo concreto. Lonxe de ser algo ríxido esta ordenación é flexible e busca adaptarse ás características de cada zona para imbricarse nos espazos que se pretenden protexer.

Nestes días na Limia asistimos á difusión de rumores interesados que nada teñen que ver coa realidade destas zonas. Non se pode afirmar que se van impedir certas actividades nestas zonas cando non se está aínda a falar do PORN correspondente.

Sen embargo ADEGA dalle toda a razón aos labregos que afirman que non se lles informou o suficiente das implicacións que conleva a ZEPA da Limia e isto hai que facelo previamente á tramitación legal da declaración de ZEPA para evitar rumores infundados e malos entendidos que vician as posibilidades de desenvolvemento que conleva a producción agrícola nas zonas protexidas que é compatible con estas e mesmo representa e acrecenta as garantías de calidade e respeto medioambiental que demandan os consumidores cada vez an maior medida.
Por estes motivos ADEGA solicita á administración que informe detalladamente do tema aos veciños da Limia e que se amose dialogante. Namentres solicita aos labregos que non se deixen levar por rumores senón que comproben as informacións coa lexislación vixente porque a declaración de ZEPA conleva moito maiores beneficios que os posibles prexuicios.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: