Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Esta figura é compatible e complementaria á tramitación do Patrimonio da Humanidade

Adega solicita a figura de Parque Natural para a Ribeira Sacra

ADEGA solicitará no vindeiro Consello Galego de Medio Ambiente a creación dun Parque Natural na Ribeira Sacra. A figura de Parque Natural resulta a máis acaída para a protección da natureza e para o desenvolvemento do “turismo sostible”.

ADEGA - 10:51 14/08/2007
Tags:

A creación dun Parque Natural resulta compatible coa proposta realizada para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Deste xeito a figura de Parque Natural pode axudar en gran medida á consecución do Patrimonio da Humanidade. As vantaxes que proporciona a consecución destas dúas posibilidades serán enormemente beneficiosas para o desenvolvemento turístico e máis para a obtención de axudas económicas co obxecto de fomentar a conservación tanto do medio natural como dos bens culturais.

Tamén neste senso beneficiará á actividade agrícola nomeadamente no caso do viño xa que que está orientado á unha producción de calidade. A agricultura é unha actividade compatible e mesmo necesaria para o mantemento da biodiversidade e para evitar o risco dos lumes forestais dando valor ao territorio e potenciando o desenvolvemento endóxeno. Os productos agrícolas da Ribeira Sacra poden recibir un impulso no recoñecemento da súa calidade ao provir dunha zona ben conservada e preocupada pola conservación da natureza e do patrimonio.

A zona que pode formar parte do Parque Natural debe incluir alomenos o Canón do Sil pola súa diversidade botánica e faunística e máis a beira do río Miño que dispón de extensos bosques de frondosas de grande interese botánico. O Plano de Ordenación de Recursos Naturais necesario para determinar os usos permitidos nos parques naturais debe fomentar e incentivar á actividade agrícola en xeral e a agricultura ecolóxica en particular.

Este é o mellor futuro para a Ribeira Sacra, a conservación do seu medio e a producción agrícola de calidade. A Ribeira Sacra pode servir de exemplo para outras comarcas que dispoñen dun grande patrimonio natural e cultural

ADEGA anima a todas aos cidadáns, ás administracións implicadas e ás diversas asociacións tanto ecoloxistas como de empresarios de Lemos, Chantada, Castro Caldelas, etc a apoiar estas iniciativas e a participar activamente para conseguilas porque supoñen un beneficio evidente para a zona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: