Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fracasa a loita contra a sinistralidade

Os plans estatais de seguridade viaria "non funcionan" en Galiza

As estatísticas recomendan a "receptividade" do goberno español para a transferencia á Xunta das competencias en materia de tráfico. Nesa demanda insiste Francisco Rodríguez, deputado do BNG no Congreso.

Redacción - 09:30 13/08/2007

"Á vista está que o plano de seguridade e o carné por puntos non funciona no territorio galego porque existen singularidades a ter en conta: alta densidade poboacional, dispersión, mal estado das estradas secundarias, meteoroloxía... Problemas que coñece moi ben a Xunta que é a que debería ostentar as competencias en tráfico". A reflexión facíaa esta fin de semana Francisco Rodríguez, deputado do BNG en Madrid. Rodríguez sinalou ao respecto as cifras de sinistralidade do mes de xullo: "A media é de máis dunha persoa morta por día", laiouse, recordando as 33 mortes nas estradas do país o mes pasado, apenas unha menos que durante o mesmo período en 2006.

Por este motivo, o deputado nacionalista considera que "é hora" de que o Goberno asuma as competencias en tráfico para "poder deseñar unhas políticas máis axeitadas". "En Galiza existen unhas singularidades territoriais que non se teñen en conta á hora de aplicar planos de choque estatais e aí radica unha das razóns do fracaso", apunta. Así, Francisco Rodríguez rexistrou unha iniciativa parlamentaria no Congreso, onde lle solicita ao executivo español que se pronuncie ao respecto.

Rodríguez lembrou tamén as declaracións realizadas a comezos de xullo polo director xeral de Tráfico, Pere Navarro, quen falaba de presuntos "problemas psicolóxicos dos galegos" que na súa opinión explicaban a suposta "a incapacidade para ver que a sinistralidade se reducía igual que no resto do Estado". Na opinión do deputado galego, coas estatísticas na man "pode dicirse que ademais dunhas declaracións desafortunadas e insultantes, son absolutamente erróneas".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: