Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia a prohibición dun xulgado

Recuperados nove corpos de republicanos asasinados na Fonsagrada

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica dixo que conseguiran localizar máis corpos dos previstos.

Redacción - 11:30 12/08/2007

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica recuperou este sábado nove cadáveres de republicanos asasinados na Fonsagrada (A Fonsagrada) e soterrados no concello de Grandas de Salime (Eo-Navia), malia a prohibición do Xulgado de Instrución Número 1 de Castropol para realizar os traballos.

Segundo confirmaron representantes deste colectivo, durante a xornada conseguiron localizar máis corpos dos previstos, e aseguraron que os traballos "van rápido e ben".

Púidose realizar a exhumación de cadáveres no Acebo, onde prevén atopar 14 cadáveres e outros dous máis na Fonsagrada. A foxa que se descubriu estaba ao borde dereito da estrada en dirección a Fonsagrada, no quilómetro 15. Contra as 10.20 horas apareceron os primeiros restos.

Ao redor das 14.00 horas atopáronse os catro corpos enterrados na segunda parte da foxa. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica traballa no que eles cren que será a primeira parte desta, onde pensan que están enterrados 12 cadáveres.

Moreno Torres

O último corpo que confían en atopar é o de Moreno Torres, que podería estar un pouco separado. Segundo comentou algún dos enterradores que se deixou ver polo Acebo, este corpo estaba en perpendicular respecto ao resto de cadáveres.

Dado este avance, os voluntarios, historiadores e demais membros que traballan na Fonsagrada calculan rematar os traballos de exhumación antes do martes, data inicialmente prevista para culminar o proxecto e afrontar outros. Ao respecto, anticiparon que en Vigo podería haber oito cadáveres enterrados.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: