Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Negociacións en Nova York

Marrocos e a Polisario acordan manter unha terceira rolda de contactos

Na última xuntanza, marroquís e saharauís traballaron en mesas sectoriais tal como a de recursos naturais ou a de administración local.

Redacción - 10:00 12/08/2007
O Sáhara Occidental loita pola súa independencia de Marrocos

O Sáhara Occidental loita pola súa independencia de Marrocos

As delegacións marroquí e saharauí reunidas en Manhasset (Nova York) para negociar unha saída ao conflito do Sáhara Occidental acordaron este sábado (horario local) organizar unha terceira rolda de negociacións tras dous días de reunións, segundo informaron á axencia de noticias Europa Press fontes próximas á delegación saharauí.

Unha vez finalizada a xuntanza, ambas as delegacións emitirán un comunicado conxunto no que anunciarán este acordo. Estas mesmas fontes indicaron tamén que durante a última reunión, marroquís e saharauís traballaron en mesas sectoriais como a de recursos naturais ou a de administración local.

Resolución 1754 da ONU
Marrocos e a Fronte Polisario buscar pór fin ao longo conflito do Sáhara Occidental que comezou tras a saída precipitada de España, potencia colonial da rexión. Agora o proceso de paz semella recibir un novo pulo coa resolución 1754 do Consello de Seguridade da ONU, que a finais de abril instoulles a estabelecer conversacións "de boa fe e sen condicións previas".

Ademais, o secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, nomeou a un representante especial para o contencioso, Peter van Walsum.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: