Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Fiscalía evita pronunciarse

Anticorrupción trasládalle ao TSXG a decisión sobre a implicación de Fraga en Reganosa

Consideran que as investigacións sobre as decisións políticas da Xunta durante o mandato do PPdeG deben ser promovidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Redacción - 09:30 08/08/2007

A Fiscalía Anticorrupción rexeita así pronunciarse sobre a denuncia posta polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol. Hai un mes, o Comité solicitara que se investigasen as decisións da Xunta no momento en que a presidía Manuel Fraga ao respecto da instalación da planta de gas na ría.

A denuncia incluía entre outros o convenio de colabora que Fraga asinara en xullo de 2000 cos socios de Reganosa e onde se estabelecía unha cláusula de confidencialidade pola cal o Goberno se comprometía a asegurar a viabilidade económica da planta no caso de existiren problemas. Así, o executivo do PPdeG prometía, segundo denuncia do Comité, axilizar subvencións e trámites en favor da empresa.

A denuncia implica tamén ao ex conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza, quen admitiu a súa participación en empresas do Grupo Tojeiro, principal impulsor da regasificadora. Ademais, sublíñase de novo a denuncia pola escolla de localización para a planta mesmo antes de existir estudo de impacto ambiental e malia haber xa informes de Enagas que desaconsellaban o lugar que ocupa actualmente.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: