Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En porcentaxes, aumentaron un 34,8%

As exportacións galegas medraron o triplo que a media estatal

Xunta, cámaras e empresas ten pensado destinar case 4 millóns este ano para mellorar a posición das empresas galegas no exterior.

Redacción - 13:10 31/07/2007

O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, destacou na terza feira que as exportacións galegas "aumentaron un 34,8%" de xullo de 2005 a abril de 2007", o que vén ser o triplo que a media do estado español.

Blanco tamén quixo sinalar que a aumento das vendas galegas no exterior deuse, en xeral, en todos os sectores, e dixo ter confianza en que este bo clima industrial galego se manteña no futuro.

A evolución da balanza comercial en 2006 tamén foi positiva e Galiza situouse, nese ano, como a sexta comunidade con máis mercadorías exportadas. Os destinos principais dos produtos feitos en Galiza son Francia e portugal, e rexistráronse importantes aumentos das exportacións dirixidas aos EUA, Noruega, o Reino Unido e Italia.

Todas estas declaracións do titular de Industria recolléronse nunha súa xuntanza para asinar un convenio de colaboración coas Cámaras Oficiais de Comercio galegas, mediante o Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), ao que a Xunta vai dedicar un orzamento de case 4 millóns este año.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: