Son no segundo trimestre un total de 14.700 persoas as que atoparon choio, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa.
As cifras indican un descenso no total de parados de até o 13,04% entre abril e xullo, deixando o total en 98 mil e a taxa de desemprego no 7,57%. A evolución interanual supón 10.600 persoas menos sen traballo, caída do 9,73% e o quinto mellor dato a nivel estatal, onde a mellor evolución nos últimos doce meses rexistrouse en Madrid, Canarias e Euskadi.
Na Coruña a taxa de desemprego queda no 8,25%, con 44.900 parados. En Pontevedra a porcentaxe está no 8,27%, 38.400 desempregados. En Ourense habería segundo a EPA un total de 7.600 persoas sen traballo, o 5,4% da poboación activa, e en Lugo 7 mil, o 4,88%.
Mais con todo, a taxa de traballo temporal para este mesmo período de tempo é do 31,85%, só unha décima menos que o anterior trimestre.
Tamén baixa o número de persoas hipotecadas
Con datos referidos a maio, podemos comprobar que Galiza é unha das autonomías do Estado Español con menos hipotecas por habitante. Nunca listaxe que van encabezando Baleares e Valencia, Galiza atópase entre as comunidades con menos hipotecas, e tampouco está entre as comunidades cun meirande importe medio hipotecado, onde van gañando Madrid e Cataluña.
En Galiza hai 272 hipotecas por cada cen mil habitantes, dato que contrasta, por exemplo co Balear, onde se rexistraron 721 hipotecas por cada cen mil persoas.