Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra a denegación da paralización das obras

A poucos días de que remate o prazo a Xunta non presentou recurso na lea urbanística de Foz

"Quería realmente a Xunta que se paralizasen as obras ou só quería xustificarse coa interposición dun recurso tipo?", insinúan desde o PPdeG, acusando de parcialidade ao Goberno.

Redacción - 09:00 27/07/2007

"O que se produce é unha clara parcialidade dos responsábeis políticos", aseguraba este xoves o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, asegurando que non cuestionaba o traballo da asesoría xurídica da Xunta. "O prazo para presentar o recurso remata a vindeira semana e o bipartito ainda non comunicou a súa decisión, dando largas como ven sendo habitual", criticou.

En Foz o Consello, gobernado polo PSdeG, convalidara licenzas paar 1350 vivendas que antes foran anuladas pola Xunta. En plena época preelectoral, o goberno local déralle validez a ducias de permisos de construción malia a prohibición decretada por Política Territorial.

Agora, o PPdeG considera que o acontecido "é o máis claro exemplo de cinismo dun partido que se autoproclama garante do litoral e logo mira para outro lado en casos como o deste Concello". Así, cualifican de "escandalosa" a resistencia a levar ao xulgado as "numerosas irregularidades no Concello de Foz" e malia os reiterados anuncios da Consellaría de Política Territorial de que os recursos se presentarían inmediatamente.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: