Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Optimismo cara ao acordo

O BNG fixa en 1.800 millóns de euros o investimento mínimo para apoiar os orzamentos do Estado

O deputado nacionalista en Madrid, Francisco Rodríguez, destacou tamén a demanda de cinco convenios concretos entre o goberno español e varias consellarías.

Redacción - 09:00 27/07/2007

De "valor positivo" foi cualificada a reunión por Rodríguez a reunión que este xoves o sentou diante do vicepresidente e ministro ed Economía, Pedro Solbes, onde negociaron as partidas que os orzamentos do Estado destinarían en 2008 a Galiza. Alén da esixencia de 1.800 millóns de euros de investimento, excluído o gasto militar, o Bloque chegaba a esta xuntanza coa petición do inicio imprescindíbel para 2008 dos treitos do novo tren entre Lubián e Ourense, Vigo e a fronteira portuguesa e A Coruña e Ferrol. Despois deste primeiro acercamento, Rodríguez e Solbes citáronse de novo para o próximo mes de setembro.

Por outra parte, Francisco Rodríguez tamén demandou que o goberno español asinte até cinco convenios concretos coa Xunta: coa consellería de Medio Rural para a dinamización ao agro galego; coa Vicepresidencia de Igualdade e Benestar para o transporte adaptado; coa consellería de Innovación e Industria para o espallamento das novas tecnoloxías e para planos de reindustrialización e coa consellería de Cultura para a rehabilitación do patrimonio histórico-artístico.

"Non aceptaremos nada que non signifique manter o ritmo inversor que se iniciou a partir de 2006", indicou Rodríguez. Así, insistiu en que a participación de Galiza no conxunto do gasto global do Estado para o 2008 "debe quedar por enriba do 6%" e que nos programas de investimentos en infraestruturas o investimento chegue como mínimo "ao 8% do total estatal".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: