Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

"Identidade, pluralismo, autogoberno e futuro camiñan da man"

"Niso consiste a esencia do noso galeguismo, do galeguismo socialista: en crear día a día unha Galiza mellor, orgullosa de si mesma, responsable e capaz, cívica, libre, igualitaria e plural", destacou Emilio Pérez Touriño na súa intervención durante o acto do PSdeG en Rianxo.

Redacción - 09:00 26/07/2007

"Celebramos ser unha das nacionalidades que conforman España, ser unha comunidade histórica que lle aportou ao mundo unha lingua propia e unha cultura diferenciada", afirmou o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG este mércores en Rianxo. Pérez Touriño destacou que o Día de Galiza sexa na súa opinión celebración dun país dotado dun "amplo autogoberno, con capacidade para decidir sobre os seus asuntos e no que están plenamente consolidados os valores democráticos recollidos na Constitución e no Estatuto".

Diante da militancia e simpatizantes socialistas, Pérez Touriñi falou da necesidade de retomar a aposta por "mellorar o Estatuto" e asegurou que, aínda que a primeira tentativa de reforma "non puido ser" as "forzas do galeguismo" garantirán un novo texto "máis pronto que tarde". "Está nas mans dos cidadáns", dixo, indicando que os socialistas "queren seguir avanzando" e prognosticando que finalmente, haberá un novo texto. "Sei que os galegos non se levantan pola mañá pedindo unha reforma do Estatuto, pero apoian a Constitución e as súas institucións", comentou.

Touriño referiuse na súa intervención a un galeguismo "comprometido coa xente" e subliñou que "cando o PSdeG fala de nación, non é unha entelequia", senón unha aposta "pola cidadanía desta terra". "A ela debémonos", precisou, ao tempo que falaba do "orgullo de Galiza no seu Día Nacional". "Somos un país que achegamos a España unha cultura diferenciada", dixo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: