Coa presentación do núm. 3 de "reNONVAgaliza" e da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e mais un concerto do grupo Galegoz. Informa rede.cat.
O Día de Galiza é un día de afirmación do que somos, un día para mostrar que nos identificamos coa nosa condición de galeg@s.
En Rede.cat identificámonos coa Galiza que pensa de maneira crítica e actúa colectivamente, a da cidadanía activa ante os problemas compartidos. En suma, a Galiza dos movementos sociais que abren novos espazos para o debate e a acción política e cultural.
Como cidadás catalás e cidadáns cataláns, pretendemos con esta Diada impulsar dinámicas de intercambio e construción de proxectos comúns, ao tempo que damos a coñecer en Catalunya a actividade dos elementos máis activos da sociedade civil galega.
Por iso queremos achegar á sociedade catalá exemplos de iniciativas que dende a sociedade civil e o referente identitario galego, están desenvolvendo un labor notable. Nese contexto presentamos por unha banda, o novo número da revista de pensamento cívico reNOVAgaliza, e por outra, a asociación Arredemo que aglutina en Galiza multitude de proxectos colectivos de acción social e cultural, como a iniciativa Hai que botalos ―que favoreceu o cambio nas institucións políticas galegas―, ou en eidos como a loita contra a especulación urbanística.
Dende a perspectiva de Rede.cat entendemos que calquera reivindicación identitaria ten que se inserir na realidade intercultural das sociedades contemporáneas e, xa que logo, debe constituír unha aposta por modelos de convivencia non excluíntes, flexibles e abertos ao dinamismo e ao cambio.
-----
24 de xullo. Ateneu Barcelonés 19:30 h.
C/ Canuda 5, Barcelona. Metro Catalunya (L1, L3)
Presentación - Coloquio: Pensamento e acción: movementos sociais galegos hoxe
Presentación do nº 3 da revista de pensamento cívico reNOVAgaliza. Editada polo Foro Cívico Galego de Barcelona.
Presentación en Barcelona e debate en torno á experiencia da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo.
-----
25 de xullo. Moll de la Fusta. Moll Bosch i Alsina 21:00 h.
Preto do Monumento a Colón, Barcelona. Metro Drassanes (L3)
Galegoz
Grupo galego de rock mestizo experimental.
Concerto gratuíto.