Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RESACA ELECTORAL

Barreiro di que a falta de unidade do PP de Lugo contribuíu á perda da Deputación

Di que vai seguir na primeira liña política aínda que "son Barreiro e non Cacharro e teño unha responsabilidade que asumo".

Redacción - 12:01 18/07/2007

O vicepresidente do PPdeG e voceiro na Deputación de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, vai dando claves do fracaso electoral aos poucos. Logo de negar durante meses diverxencias internas, Barreiro recoñeceu nunha entrevista na TVG que “a imaxe da falta de unidade” foi un dos motivos da perda do organismo provincial.Mais o líder dos populares lugueses tamén falou doutros factores, entre outros “a coxuntura que experimenta o país”.

Logo de que se barallara a súa posíbel saída do primeira liña política, Barreiro volveu a manifestar a súa intención de seguir á fronte do PP de Lugo e na vicepresidencia do PPdeG. Sobre a súa responsabilidade electoral na derrota foi contudente: “Son Barreiro e non Cacharro e teño unha responsabilidade que asumo”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: