O empresario coruñés controlará o 40% da compañía que ten os seus intereses no mercado latinoamericano.
Jove, entre o conselleiro de Economía, Fernández Antonio, e o daquela xerente de Citröen, Javier Riera
Manuel Jove sigue a investir parte da fortuna que conseguiu logo de desfacerse da construtora Fadesa. Este mesmo martes sóubose que vén de mercar o 40% do capital social da empresa Vetra. A sociedade de investimentos do magnate herculino, Avante Group, deixou 37 millóns de euros na operación. Porén, tamén reservou outra opción de compra que lle permitiría o control total da petroleira. A empresa Vetra adícase á búsqueda e explotación de xacementos de petróleo e gas. Está dirixida por Humberto Calderón Berti, ministro de Enerxía e Minas de Venezuela entre 1979 e 1983. Na actualidade é un coñecido opositor ao goberno chavista.
Jove continúa diversificando así o seu capital. Hai un mes fíxose con case o 38% da empresa téxtil Caramelo logo de pagar 15,8 millóns. Ademais mantén paquetes de accións minoritariso no Banco Pastor, no Banco Sabadell, no Banco Santander e en Telefónica.