Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha empresa que naceu case sen querer

Kukuxumusu: "Bicos de pulga" para 80 países

A empresa vasca xa vende as camisolas coas súas vacas festeiras en 80 países distintos e facturou á volta de 13 millóns de euros este ano. Acaban de estrear na súa televisión dos San Fermíns o videoclip El kalimotxo de mamá. Aquí podedes velo:

Redacción - 12:34 16/07/2007
Agora fan máis cousas que camisolas

Agora fan máis cousas que camisolas



O vídeo que atopamos nesta TV está interpretado por Pablo Carbonell e dirixido por Juanma Bajo Ulloa.

A empresa Kukuxumusu, cuns 13 millóns de euros gañados en 2007 -un 9 % máis que en 2006- e unhas 120 persoas a traballar nela, xa vende roupa a 80 países por todo o mundo.

Kukuxumusu (bicos de pulga en éuscaro) naceu en 1989 da man dun grupo de amigos que estaban fartos de levar cada ano as nada fermosas camisolas que se deseñaban para as Festas de San Fermín. Así, facendo os seus propios debuxos, de bichiños a facer cousas de humanos -as vacas e as ovellas son as máis demandadas-, Kukuxumusu converteuse nunha próspera empresa.

Na súa web, os creadores orixinais, Mikel Urmeneta, Koldo Aiestaran e Gonzalo Domínguez de Bidaurreta, contan como naceu a idea e como foi medrando, dende que un grupo de colegas decidiu vender camisolas, para sacar uns cartiños para o viño das festas, até se converter nun próspero negocio, onde xa se venden de artigos de papeleiría a roupa interior, chisqueiros, paraugas, artigos de montaña, xogos, artigos para animais de compañía...


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: