Logo de pediren o grupo municipal popular e a Asociación de Vítimas do Terrorismo a cancelación do concerto, por consideraren que as cancións de
Muguruza fan "apoloxía do terrorismo", a Concellaría de Festas deu orde de retirar dos folletos oficiais do programa de festas o festival Linguas Vivas. De feito, o
Concello non tiña que ver na programación deste evento, promovido por unha produtora independente que contratou o alugueiro do pavillón. O ano pasado, a primeira edición do festival fixérase na Sala
Capitol.
Este evento xunta a músicos da Península e de fóra co fin de darlles presenza ás expresións artísticas e musicais das diferentes linguas: este ano, xunto con Muguruza, actúan a italiana Banda
Bassotti, Nao,
Boom Club e o DJ Capita.
O xerente do Multiúsos afirmou que lle "sorprende" a petición do grupo popular. Tanto a Concellaría de Festas como a xerencia do
Multiúsos sinalaron que Fermín Muguruza condena o uso da violencia, non ten cargos pendentes nin as letras das súas cancións fan apoloxía do terrorismo.