Salienta as oportunidades que posibilita "a súa localización xeoestratéxica, entre dous estados membros da Unión Europea".
O Partido Nacionalista Vasco (PNV) celebrou este domingo en Hazparne o Alderdi Eguna (Festa do Partido) de Iparralde, coa constitución formal da Xunta municipal desta vila de Lapurdi.
No acto, o presidente do PNV, Josu Jon Imaz, defendeu a "importancia estratéxica" de conformar unha "eurorrexión vasca", composta polas tres provincias de Euskadi e Nafarroa (Hegoalde) e as tres do Estado francés (Iparralde).
Ademais salientou as oportunidades que posibilita "a localización xeoestratéxica de Euskal Herria entre dous Estados membros da Unión Europea" para desenvolver políticas conxuntas en materia de identidade lingüística e cultural, turismo, infraestruturas, medio ambiente e colaboración institucional.