Os indios brasileiros afirman que alén de non se estar a respetar as leis ambientais, tamén están a pisar os seus dereitos ao situar esta nova obra nun asentamento tradicional.
Os Truká volveron ocupar na quinta feira unha área da zona de Cabrobó (Pernambuco), preto do río São Francisco -que fora expropiada aos indíxenas para realizar os labores de trasvase das augas-, e pediron responsabilidades ao goberno de Brasília.
É territorio de ocupación tradicional
De acordo coa asesoría de prensa do Conselho Indigenista Missionário (Cimi), as reivindicacións son a demarcación do territorio que pertence aos Truká e a paralización das obras de trasvase do río São Francisco. Para isto presentaron varias alegacións perante o Ministério da Integração Nacional, o Instituto Brasileiro de Meio Ambiente (Ibama) e a Fundação Nacional do Índio (Funai), pedindo responsabilidades polos posíbeis danos ao ambiente e aos dereitos dos pobos indíxenas.
Os Truká esixen tamén a axilización da demarcación da área como terra indíxena. Mais, de acordo coa Funai, a terra dos Trukás xá está delimitada e regularizada dende 2002, mais existe unha área que está en revisión de límite, que corresponde ao lugar onde están a facer as obras do río.