Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA O VINDEIRO TRIENIO

Vivenda destina 2,5 millóns de euros á erradicación de infravivendas no rural

A axuda máxima pode chegar, nos casos máis extremos, aos 45.000 euros.

Redacción - 13:10 04/07/2007
Tags: rural vivenda

A Consellaría de Vivenda abriu este mércores o prazo para solicitar axudas destinadas “á erradicación da infravivenda no medio rural”. Os solicitantes teñen de prazo até o 31 de agosto. O plan ten un orzamento de 2,5 millóns de euros que se completarán ao longo de 2007, 2008 e 2009. A contía máxima de axuda é de 30.000 euros para as actuación de rehabilitación dunha infravivenda e de 45.000 no caso de que se precise construír unha nova para realoxar unha familia que vive en condicións precarias.

Dende o departamento que dirixe Teresa Táboas explican que as axudas están destinadas a familias que están nunha situación económica moi difícil. Así, non deberán de superar os 479,10 euros mensuais. Os peticionarios deberán facer os trámites diante dos seus concellos, posteriormente as delegacións da consellaría serán as que decidan as subvencións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: