Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
Para participar no Encontro de Ferrol

Chegou o Nueva Sofía a Curuxeiras

Na tarde da segunda feira arribou ao peirao ferrolán o galeón Nueva Sofía, unha das case cen embarcacións que se darán cita no norte do 5 ao 8 de xullo de 2007. Esta noticia vén con vídeo incluído, co galeón largando velas en Beluso.

Redacción - 11:32 03/07/2007

Na tardiña da segunda feira amarrou no porto de Curuxeiras en Ferrol o galeón Nueva Sofía, unha embarcación de gran tamaño -13 metros de eslora-, que realiza navegación de cabotaxe e transportes de leña.

Olla aquí a tripulación do Nueva Sofía largando velas en Beluso:



Na xornada da terza feira han chegar tamén varias embarcacións procedentes de Murcia, que veñen por terra. E por mar, chegou ao fin A Burbida, como nos contaban dende o foro de Cultura Marítima, a embarcación que saíra a semana pasada de Redondela, chegou, tras navegar paseiño cara o norte. A Burbida é un bote de madeira que dende o ano 1951 navega con vela latina ou con remos, e que se une ás case cen embarcacións que se están a xuntar, aos poucos, en Curuxeiras e arredores.

Xa traballan as lanchas de pasaxe
Durante o Encontro de Ferroll, estarán a funcionar as lanchas de pasaxe que unen a cidade con Mugardos; un servizo que ofrecerá a posibilidade de facer percorridos pola ría, saíndo dende Ferrol ás horas en punto, e dende Mugardos ás medias.

Xantares mariñeiros
Cando faltan pouco máis de dúas xornadas para o Encontro deste ano, os detalles estanse ultimando e Ferrol. En canto ás comidas, os mariñeiros e participantes acreditados poderán tomar as súas (xantar e cea) durante os catro días por un total de 20 € na taberna mariñeira, que estará aberta ao público no peirao, ofrecendo comidas caseiras de sabor mariñeiro. tamén hai unha carpa-comedor para quen a precise.

Para non perder nin chisco da programación

A programación completa xa está lista (en pdf). Descarga aquí o arquivo, para que non perdas nada do que poida acontecer en Ferrol esta fin de semana.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Burbida, con Xabier Pereira, chegou a Ferrol por mar
A Burbida, con Xabier Pereira, chegou a Ferrol por mar
As embarcacións que vaian chegando, amarraranse en Curuxeiras
As embarcacións que vaian chegando, amarraranse en Curuxeiras
As carpas xa están instaladas en Curuxeiras (Imaxe da webcam da FGCMF)
As carpas xa están instaladas en Curuxeiras (Imaxe da webcam da FGCMF)