Xa hai varios días que algunhas embarcacións das Rías Baixas e da Costa da Morte se botaron ao mar, cos seus patróns enriba, navegando cara A Coruña, onde teñen pensado arribar no mediodía do sábado.
Hai periplos que merecen a pena ser contados, coma o de Xabier Pereira, que saíu hai sete días xustos dende Redondela, a bordo da súa embarcación, A Burbida, ben de mañá. No mesmo día recalou nas Ons; dous días despois chegou con bo vento á Illa de Sálvora, pretendendo facer noite en Fisterra, mais no luns 25 tivo que ficar en Corcubión facendo turismo, xa que o vento era moi forte para as velas d'A Burbida.
A súa singradura vai terminar n'A Coruña, na II Concentración de Embarcacións Tradicionais da cidade. Na quinta feira xa tiña pasado o cabo Touriñán, facendo noite en Corme ou Laxe. E ás 10 horas da mañá da sexta feira, Xavier Pereira xa andaba polas Sisargas, ficándolle moi pouco para A Coruña. O seu periplo foi contado, pasiño a pasiño, polos compañeiros do foro de Cultura Marítima.
Coma el, moita xenta vai cada ano aos Encontros de Embarcacións Tradicionais por mar...
... so a súa embarcación, con calma e dándolle o cú ao vento. Este mundo é feito para os apaixoados, que non son poucos.
Entre o 30 e o 1 de xullo, na fin de semana, hanse reunir os que poidan n'A Coruña, nunha xuntanza previa ao Encontro de Ferrol. Os barquiños que vaian chegando á cidade, ficaran amarrados preto do Castelo de San Antón agardando estar todos para saír xuntos cara Ferrol, onde vai ser a impresionante arribada xeral, prevista para a vindeira quinta feira, arredor das 17:30 horas da tarde.
Nabeira n'A Coruña
Coincidindo coa concentración d'A Coruña, o Proxecto Nabeira08 chega á cidade coa súa exposición Patrimonio do Vento e do Sal: As embarcacións tradicionais galegas, tamén de camiño cara os Encontros de Ferrol.