Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crecemento galego do 12,9%

Á cabeza do incremento de venda de produtos industriais en 2006

Automoción e alimentación son os sectores que suman case a metade das manufacturas do país. O téxtil evoluciona de xeito máis favorábel ao resto do Estado.

Redacción - 09:00 27/06/2007

Cun volume de vendas de 27.955 millóns de euros, Galiza aparece na sexta posición a nivel estatal en canto a produtos industriais. O incremento do 12,9% no último ano supón máis de tres puntos por riba da media do 9,3% respecto ás cifras de 2005, segundo indican os datos do INE para os últimos doce meses.

Neste tempo, só Asturias acumulou un crecemento maior na venda de produtos industriais, un 17,1%. Respecto ao conxunto do Estado, Galiza suma así o 6,7% das vendas, unha clasificación liderada por Cataluña, co 23,7% do total e unha suba do 9,7% en 2006.

Por sectores, en Galiza lidera a clasificación o do material de transporte, con 6.768 millóns de euros, o 24,2% do total. A continuación o sector da Alimentación, bebidas e tabaco suma un volume de negocio de 4.834 millóns de euros, o 17,3%. A produción e transformación de metais, co 14,3% ou o téxtil, co 5,2% aparecen entre o resto. Neste último caso, o sector téxtil, destaca esa evolución positiva nun ano onde no conxunto do Estado a evolución das vendas experimentou un lixeiro retroceso.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: