Máis de 185.000 galegos usan a rede para confirmar os seus borradores, algo que tamén se pode facer cun SMS
Máis de 185.000 galegos presentaron a súa declaración da Renda por internet este ano, un 27,68% máis que en 2006. Isto converte a Galiza na segunda zona de todo o Estado na que máis se popularizou este tipo de declaración no último exercicio, detrás de Cantabria.
No conxunto do Estado, a porcentaxe de crecemento tamén é elevada, un 19,5%. En todo caso, é oito puntos inferior ao aumento en Galiza. Dos 4,3 borradores presentados no Estado, máis de 3 millóns tramitáronse a través do ciberespazo.
Vías para confirmar os borradores
Trátase eso si de datos provisionais, pois o borrador da declaración pódese pedir en liña, na web da Axencia Tributaria, ata o 25 de xuño.
Ademais por Internet, pódese confirmar o borrador a través da Televisión Dixital Terrestre (se ten un decodificador interactivo MHP), por teléfono (901200345) e incluso, se é a devolver, por SMS; segundo informa o Ministerio de Economía.