Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participación na rede

Igualdade pon en marcha unha web de apoio ás familias

A páxina recollerá as aportacións da cidadanía e de entidades sociais.

Redacción - 12:11 21/06/2007

A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, presentou este mércores unha nova páxina electrónica. O sitio pretende ser unha canle de comunicación permanente para as cincuenta entidades sociais que colaboran no IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

Na web pódense ver os traballos que fixeron até o momento nas diferentes mesas sectoriais. Mais a páxina tamén esta aberta para que toda a cidadanía poida aportar ideas ao plan. Outra das novidades é que se pode atopar información actualizada de todos os recursos para a igualdade. O material está estruturado en tres grandes grupos temáticos: Promoción da igualdade, violencia de xénero e unha área específica para as familias.

Outra das novidades é que se recolle toda información existente sobre convocatorias de axudas e cursos relacionados coa igualdade. A web é accesíbel para persoas con problemas de visibilidade, xa que pode ser consultada en braille ou con navegadores de voz.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: