Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PÓDENSE ATOPAR EN SITIOS COMO FLICKR

Denuncian a publicación de fotos roubadas nas praias galegas

Na rede hai 10.000 fotos roubadas nas praias do Estado, entre elas as de Galiza, alerta o Observatorio Catalán de Internet

Redacción / Axencias - 13:30 15/06/2007
Imaxe tomada en Arteixo / Foto: Flickr

Imaxe tomada en Arteixo / Foto: Flickr

O Observatorio Catalán de Internet (OCI) acaba de denunciar a circulación pola rede de preto de 10.000 fotos roubadas nas praias do Estado. Existen unhas 500 sitios web que expoñen este tipo de imaxes, tomadas sen permiso sobre todo nas costas de Galiza, Barcelona, a Costa Brava, a Costa do Sol, Marbella, Alicante, di o o OCI. En sitios moi populares como Flickr tamén se poden atopar imaxes deste tipo.

Véndenas nos móbiles
O presidente do Observatorio, Francesc Canals, explicou que a publicación de fotos roubadas vai en aumento e que xa existen grandes bases de datos en formato gráfico para a súa posterior comercialización a través do teléfono móbil.

Canals distinguiu diferentes tipos de perfís relacionados co consumo e captación de imaxes, como o 'voyeur electrónico' -que fai fotos por autocompracencia-, o 'voyeur' de perfil delituoso, o captador profesional -que traballa para unha empresa relacionada co sexo en internet- ou o 'voyeur' consumidor, que é o consumidor último.

Alegalidade
Ademais, Canals tamén informou de que xa comezan a existir páxinas e foros que difunden xa non só fotografías, senón vídeos de curta duración captados por medio do teléfono móbil. Segundo o presidente do Observatorio, non existe un marco legal 100% definido porque non hai unha lei exclusiva, pero si normativas que rexen o dereito á intimidade e á honra.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: