Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo un estudo da OMS

A contaminación é a causa dun 10% das mortes nos países en vías de desenvolvemento

A organización internacional asegura que "cun medio natural máis seguro, cada ano poderíanse evitar 13 millóns de mortes no mundo".

Redacción - 12:20 14/06/2007
Segundo a OMS, poderíanse evitar 13.000.000 de mortes ao ano, mellorando o medio natural

Segundo a OMS, poderíanse evitar 13.000.000 de mortes ao ano, mellorando o medio natural

A Organización Mundial da Saúde, OMS, sinalou esta cuarta feira que máis do 10% das mortes en 23 países do mundo débense a factores ambientais como a auga e o aire contaminado.

"Os novos datos mostran que cun medio natural máis seguro, cada ano poderíanse evitar 13 millóns de mortes no mundo", sinalou a OMS, na presentación do primeiro informe que analiza o impacto ambiental sobre a saúde en todos os países do mundo.

O documento analiza riscos para a saúde relacionados co ambiente, tal como o mal estado da auga, a polución nos medios urbanos ou a existencia de transmisores de enfermidades como a malaria.

As estimacións realizadas amosan "tremendas desigualdades, mais tamén que en todos os países a saúde podería ser mellorada reducindo riscos como os relacionados cos traballos ambientais, como a radiación UV ou o ruído, e cos riscos relacionados coa agricultura ou o cambio climático", entre outros.

A maior parte en Latinoamérica
Os expertos da OMS sinalaron que "nalgúns países (Angola, Burkina Faso, Malí e Afganistán), máis dunha terceira parte das enfermidades poderíanse evitar con melloras ambientais".

Noutros países como Ecuador, Honduras e Perú evitaríanse o 20% dos casos dese tipo, seguidos por Brasil (19%), Paraguai e El Salvador (18%), Venezuela, Panamá, México, Colombia e República Dominicana (17%), Costa Rica, Cuba e Uruguai (16%) ou Chile (15%).

"As principais vítimas son os nenos menores de cinco anos", indica o documento, que afirma que o 74% das mortes que afectan a esas idades están provocadas por diarreas e por infeccións respiratorias.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: