O mercado inmobiliario freou significativamente en Galiza neste treito, cun descenso que no resto do Estado só foi maior en Aragón.
Cun 18% menos de transaccións realizadas, Galiza é no conxunto do Estado onde máis se recortou a compravenda de vivendas, apenas por baixo de Aragón, onde segundo a estatística do Colexio de Rexistradores da Propiedade o mercado minguou até un 20% no mesmo período.
Entre os lugares onde o mercado inmobiliario estivo sendo máis activo, como a Comunidade Valenciana, Madrid, Cataluña e Andalucía, os descensos respectivos foron do 13, 15, 14 e 7,5% menos de vivendas vendidas.
Alén diso, o freo na actividade queda reflectido tamén no índice de venda das casas novas. Así, no primeiro trimestre seis de cada dez vivendas que cambiaron de mans eran pisos usados. O mercado de novas vivendas cae así neste período até un 16%.