Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A creatividade nas ondas!

"Constrúo a amizade com uma Ponte nas Ondas"

Así o escribiu Teresa, alumna dunha escola portuguesa que participou no certame de creación. Rapaces e maiores achegaron a súa creatividade.

Redacción - 09:30 10/06/2007

A XIII edición de Ponte...nas ondas! viaxou pola rede para levar o patrimonio inmaterial a novos espazos de intercambio e de espallamento. Pero non só foi o patrimonio obxecto de difusión e transmisión senón que novas recreacións fixéronse notar nas diferentes actividades que se convocaron con motivo desta XIII edición.

Entre outras, convocouse un certame de textos arredor da palabra PONTE. Máis de cincocentos textos entraron no certame. Inventiva e a creatividade son característica predominante nos textos que chegaron desde Galiza e Portugal.

Ofrecemos unha escolma dalgúns dos traballos realizados como mostra:


Constrúo a amizade com uma Ponte nas Ondas
Teresa

Ponten nas ondas será a ponte que unirá a Galicia con Portugal
Miguel López Villares


"A nosa ponte"
A ponte vella,
que pasa por riba do Tea, coidado co caimán,
non te deixes enganar,
mellor súbete connosco
a esta ponte vella
que parece o arco da vella.
Ponte da cultura,
que nos está a ensinar
o que non podemos saber
e que podemos mirar
alén do mar.
Ponte dos meus soños,
ponte do pasado.
Ponte dos feitizos,
ponte dos meigallos.
Da nosa terra Galiza
Da nosa cultura castrexa,
Do noso amigo Breogán,
colega do lugar.
Manuel Sentí Janssen


A miña lingua é unha ponte entre Galiza e Portugal.
Gildo


NOSA PONTE

Ponte pequena, ponte grande,
Ponte doce, ponte leda,
Ponte con soños, ou sen eles,
Ponte de risas, e silencios.

Ponte que atravesa, un río fermoso,
Nubes embranquecidas, nun ceo pedroso,
Noites de vento, veráns calurosos,
Primaveiras sen flores, outonos chuviosos.

Unha palabra, un corazón,
Un bico, unha emoción,
Parellas de merlos, na beira pousados,
Alegran con cantos, fermosos prados.

Se decides cruzar, ou quedar mirando,
Non temas do aló, non temas chorando,
Galicia é, terra de todos
Xunto con Portugal, cultura sen fondos.
Ariadna Leis Capelo 14 anos, 2º da ESO


O Miño sepáranos, a ponte únenos.
Angelly,Ana e Carla. I.E.S. San Paio



Na ponte da imaxinación,
alí estamos nós”.
José Ángel (2º A) CEIP Balaídos


Ven á ponte e ponte a nadar,
as sireas nos han de agardar.
Agardan sen descanso
para poder viaxar.
Ponte, ponte,
míraas,
e todos e todas ¡a falar!”
Palmira (2º A)
CEIP Balaídos


¡Ponte, ponte!
¿onde estás?
¿no ceo ou no monte?
Isabel (2º A)

Érguete cedo, ponte os calcetíns, o pantalón e os calzóns, ponte a camisa e o chaquetón, ponte guapo, acende a radio e... ¡ponte nas ondas!
Alba

Na rede do património,
atravessamos a Ponte,
descobrindo caminhos...
de um novo horizonte!
Teresa

A Ponte é uma miragem...pra outra margem...desafio...pairando sobre o rio....
Teresa

Aquilo que nos separa é muito menor do que aquilo que nos une...na ponte!
Virgínia

Debaixo da ponte,
onde un ben se esconde,
agarda o barqueiro Caronte
para transportarnos a outro horizonte.
Antonio


Este río que nos separa
unha ponte enriba temos que alzar
para que todos nós
temos que xuntos volver estar
Rubén Jamardo Iglesias

Oh! ponte, vella ponte
¿ Cantos anos,
levas aí ?
Míraseche dende
o horizonte,
como se te fixeran
antonte.
¡Cantas persoas pasaron polo teu chan empedrado!
¡Este é o rap da ponte que eu lle fixen onte!
Diego Acevedo Sanromán 5ºB


"A lingua tiveran por lingua de escravos"
Esqueceuvos que ao outro lado da ponte esta a nosa lingua irmá? Para chegar a ela só temos que cruzala. Porque nos separaron da nosa lingua irmá? Se en tempos nos separaron agora podémonos xuntar.

Andrea Pereira Fariña


Tocaban o piano,
Bailando na ponte
colleron unhas mozas onte,
divertíronse ata a noite.
Ponte nas ondas
que voan como pombas,
escoita esta radio
que mola de raio,
e disfruta no patio.
Samuel Fernández Alonso 5B


Adeus ríos
adeus pontes
adeus regatos pequenos
adeus terra irmá
que separada de noso está
e xunta a nós ten que estar
Juan Ramon Sueiro Pazos


Mentres pasaba pola ponte dinme conta dunha cousa,
que teño no meu corazón metade galego e metade portugués.
Mirian


A mellor ponte de todas é a que une Galicia e Portugal

Galicia e Portugal son case iguais,
hai unha fronteira que as quere separar,
mais non o poderá lograr.
Máis que unha fronteira é unha unión,
a ponte que xunta dúas nacións.
O río tamén nos quere illar,
do noso máis que querido Portugal.
A xente considérase case igual,
ata parece que o idioma nos invita a falar.
Os costumes compartimos
porque da mesma orixe vimos.
No inverno compartimos treboadas
e os incendios arrasan as nosas plantas.
Temos monte e mar,
e á natureza intentamos axudar.
A ponte non é unha separación,
senón unha unión
unha unión de dúas grandes nacións.
Silvia Fuentes Martínez 1ºA
IES Lamas de Castelo - Carnota (A Coruña)




Eróticos sentidos sentimentos
Mmm..

Gústasme!
Mmm...

Chéirote no siléncio
oles a fresco, mesto incienso
penso no teu aroma
e dame o que preciso para ir de Roma
ao amor,
co fulgor do desexo do sexo
da miña propia sustancia,
vestida ou espida,
fago un pacto exacto
para non meterme nas augas turbulentas
do muiño do niño do corvo que pasou por entre as miñas pernas.


E vou até a ponte que une as augas claras e limpas
do noso amor,
lume, fervor,
que sinto por ti.
Gosto do teu tacto, do tacto que tes para tratarme ,
así, cariñoso e valeroso guerreiro até a fin, cando remata todo nun rouco son como o da gaita,
meu gaiteiro,
ámote , amo o anceio que percorre o escalofrío
do brío lóstrego cando te lanzas na calor do estío
e alcanzas as miñas costas, curvas cara a cabeza,
cabeza do teu sexo que imaxino na miña testa tola.


Pero meu ben,
ti sabes que eu son da mar,
e do amar,
como unha onda en busca do corpúsculo vou nadando,
baixo o principio de incertidume me tes,
pero sei que de verdade existe a ponte de cohexión,
e o amor non so está na miña imaxinación.
Comín un gramo de loucura
ao coñecerte
e o verte todo me cura.

Definitivamente,
Voaremos ceibes,
como a Galiza soñada,
polo aire sen fumes,
pola nosa terra amada.

Iremos do fin da terra

á Lisboa,
pasando pola ponte do Miño,
seremos como a nena boa que berra liberdade,
e coa nosa identidade
faremos camiño.
Alba Méndez de la Peña


Do outro lado da ponte,

hai un novo mundo para ti,
queiras ou non queiras,
alí has de ir.
Bonita é e chamará a túa atención,
alí, detrás daquela ponte,
irás ti.
Daquela noutro mundo entrarás,
cando alí esteas verás o mundo ao revés,
alí hai poemas, contos,
flores, árbores, natureza...
animais que non pelexan nin morden,
e, cando un oso come un peixe,
nacen o dobre de peixiños
de cada especie...
Alí, nese mundo,
unha vez que entras
xa non queres saír,
entón, cada vez máis xente entrará,
incluídos marcianos, extraterrestres
e demais.
Logo, un día, todos entrarán
e todos quererán quedar,
farase un planeta habitado,
entón os demais planetas quedarán
limpos de porcalladas,
e alí todos vivirán.
Sara B. Riveiro


Na PONTE vai un cantare,
tan fermosa
que eu a escoito!
Antón Ramos Antela -2º Ceip Mosteiro Bembrive


Pola ponte que está na ría
pasou a Santa María,
co seu velo branco.
Pola ponte de Santa María
que está na ría
co seu velo pintado.
o seu velo pintado
que na ponte quedou cravado.
O velo de Santa María.
María e Rebeca I.E.S San Paio


Ponte nas ondas
as ondas do mar
coas pegadas vellas
as ondas do ar.

Ponte a pensar
nun poema de sal
nunha estrela de mar
e nas pontes de PAZ.

Laura Soutelo Miguez


A ponte é unha lingua e a lingua é unha ponte
Pinpollo


Teño unha lingua,
teño un pais,
teño un himno,
teño unha bandeira,
cunha PONTE no medio,
para chegar con ela a calquera parte,
do mundo enteiro.
Pcc


Entre Galiza e Portugal hai unha ponte que as une ata o máis alá.
Michaelboulosa


PONTE
Ponte Galego
ponte en acción
ponte nas ondas
ponte na ponte.
Andrés Mandianes Fernandez


Ponte en marcha
ponte en acción
ponte nas ondas
preto está.
Pola radio
non sairá
na internet
estará.
Mara Rodríguez Eiras


Unha ponte eu crucei
dende Galiza a Portugal
pareime alí a coñecer
os costumes tan variados
eran distintos, pero iguais.
Outra vez en Galiza estou
para min nada cambiou
dous países tan iguais
que só un poderían ser.


Tantas lendas e cantigas
hoxe xa esquecidas
agochándose na raia
por unha ponte unida
Martin Ramil Sanders
C.E.I.P de Sobrada



Eu pasei polas PONTES da unión, cantas adiviñas e poemas das dúas nacións.
Cristian 5ºA CEIP Balaídos


Teño un amigo moi agradable doulle a man e fago unha ponte entre Galicia e Portugal.
Natalia 5ºA CEIP Balaídos

A PONTE do amor é a mellor unión entre dous nacións.
Elea 5ºA CEIP Balaídos

¿Que cousa é ?
Serve para cruzar
se non a hai
a Portugal non podes chegar.
Celia 5ºA- CEIP Balaídos


Galicia e Portugal
comparten un segredo
a nosa PONTE
é todo un misterio.
Thais 5ºA- CEIP Balaídos


Eu ollei onte
unha PONTE de unión
que nos fai irmáns
a dúas nacións
Hugo 5ºA – CEIP Balaídos


No outro lado do río tiña un amigo.
Doulle a man e fago unha ponte entre
Galicia e Portugal.
Irene 5ºA - CEIP Balaídos


A ponte do idioma é o que une Portugal e Galicia.
Yara 5ºB CEIP Balaídos


Ponte nas ondas
Une os nenos de
Galicia e Portugal
Para facer un mundo mais xenial
Maxi 5ºB CEIP Balaídos


Un río nos separa
Unha ponte nos une.
Unha amizade xúntanos
E por iso nós estamos con vós.
Rubén 5ºB CEIP Balaídos


Tendo en conta unha ponte
dúas terras.
Tendo en conta unha unión
dous corazóns que latexan paseniño.
Van por Pontes camiñando
e na mesma lingua falando.

Dous corazóns, unha ponte,
cruzaremos
aínda que sexa polo monte.
Denise 4ºB CEIP Balaídos


Na miña ponte falan galegos e portugueses.
Rompen as ondas do mar cheas de escuma sobre as madeiras.
Galiza e Portugal son coma o mesmo país, grazas a unha ponte de amistade.
Pablo-Jeni 4ºB CEIP Balaídos


Galiza e Portugal
unha ponte sen igual.

A axuda entre Portugal e Galiza
éche unha ponte con ledicia.

Ponte nas ondas
ondas no mar,
nunca se separan
Galiza e Portugal.

De Tui sae un río,
un río moi fermoso
e o seu nome é o Miño.
Créase unha ponte,
unha unión,
que non poderán esquecer
estas nacións.

Ponte nas Ondas
canta e baila.
Neste 1 de xuño
todos e todas
cantamos e bailamos.
Bárbara –Ari- Jonathan e Alex
4ºB CEIP Balaídos


Ponte da vida
Ponte do amor
que Portugal e Galicia
estean en unión.

Portugal, o noso amigo.
Portugal, o noso amor.
Portugal o noso veciño.
Levámoste no corazón.

Portugueses e galegos
unidos deben estare
cantando todos xuntos:
viva a Felicidade!
Dani Mo- Manuel e Serxio
4ºB CEIP Balaídos



Eu
desde Galicia a Portugal
quero viaxar
e para chegar
poucas pontes hei de cruzar.


Se en vez de vivir en Galiza vivira en Portugal
aínda que tivese que cruzar mil pontes:
que ben che ía estar!
Uxía e Gonzalo 4ºB CEIP Balaídos


Ponte, ponte, ponte, as pontes lévante dun lugar a outro e ti non sabes o que valen. Un día daraste conta do que é unha ponte.
Mandianes Fernández


Pola ponte pasa a nosa canción con rico son ailalelo ailala.
Raquel e Ambra


As pontes,
formosas são elas.
Entre a lingua e a cultura,
gracias a elas,
não hai barreiras,
vivemos unidos
e sem diferencias.
As pontes,
formosas são elas.
Nico_lugo_iesnosaseñoradosollosgrandes


A ponte que nos une, menino
não a deixes atrás.
A ponte que nos separa, menino
não a deixes de empregar.
Com esta ponte eu quero ficar,
e juntos sempre poder falar.
Nossa lígua é a ponte,
NÃO A DEIXES ESCAPAR!
Sabela


Na rede ponte en galego
TCD


Ponte na lingua, ponte coa lingua, que a túa lingua sexa ponte.
Jonatan


Pásate de longo a fronteira.
O Miño non é raia para separar.
Non penses onde estás...Cada sitio é un lugar.
Tenta recuperar costumes que axuden aos demais.
E comparte dende a Ponte que une Galiza e Portugal.
Raquel Lorenzo Alonso


Ligazóns

4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: