Caixa Galicia case duplica os clientes virtuais de Caixanova, que apaña unha maior proporción de empresas
Despois duns comezos incertos, os servizos de banca electrónica en Galiza están a acadar unha certa fase de madurez. E é que entre as dúas caixas de aforros do país -Caixa Galicia e Caixanova- suman xa 762.059 clientes a través de internet, segundo datos facilitados polas propias entidades.
A semana pasada a caixa do norte dixo ter que superado a barreira do medio millón de ciberclientes. Esta cifra case duplica o número de usuarios da e-banca de Caixa Nova que, segundo comunicou esta entidade a Vieiros, é de 257.588.
Caixagalicia adiantouse cinco anos
Un dos factores que explica a vantaxa da entidade financeira baseada na Coruña é que lanzou os seus servizos de banca electrónica moi cedo, en 1996, cinco anos antes que Caixanova.
No que si avantaxa Caixanova a Caixa Galicia é na proporción de clientes empresarias, os que acostuman a mover máis cartos. Así, case o 24% dos clientes da e-banca de Caixanova son compañísa, mentres que no caso de Caixa Galicia só o son 7,5%.
Caixa Galicia agarda aumentar un 20% a súa cifra de clientes a distancia, ata superar a barreira dos 600.000.