A proba termina na tarde do domingo, pero na última parte de semana o pavillón das Travesas encheuse de deportistas a competir en cinco modalidades diferentes, do tenis de mesa ao fútbol sala.
E tamén o atletismo, a natación e mailo baloncesto foron practicados polos mellores deportistas estatais nesta categoría, que, competindo en cadansúa delegación autonómica, chegan aos 668.
Na xornada inaugural do Campionato, na tarde da cuarta feira, estivo a secretarioa xeral para o deporte, Marta Souto, quen tamén vai estar na clausura do domingo, -ás 19.30h no Teatro-Sala de Concertos Caixanova de Vigo- acompañada pola conselleria de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, que presidirá o acto.