A secretaria xeral para o Deporte, Marto Souto presentou no mediodía da terza feira unha nova proba nos deportes de integración que ha reunir, até o sábado, a máis de seiscentos deportistas en Vigo.
O campionato comeza na cuarta 6 de xuño, ás 19 horas no pavillón das Travesas vigués, e continuará deica o día 9.
Máis de seiscentos deportistas de 14 comunidades e unha representación portuguesa participarán neste campionato, que a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, cualificou de evento creado "para que o deporte chegue a todas as persoas, sen discriminación por razón de sexo, de idade ou de discapacidade".
O acto de presentación do campionato -na imaxe- desenvolveuse na segunda feira e nel participaron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o presidente da Federación Galega de Minusválidos Psíquicos, Alfonso González; a concelleira de Deportes en funcións do Concello de Vigo, Lucía Molares e a madriña do evento, Eva Carreras.
Galiza é unha potencia no deporte para Discapacitados Intelectuais
Marta Souto, agradeceu o traballo realizado pola federación neste deporte e amosouse esperanzada de que Galiza acade os mellores resultados posibles ao manifestar a súa ledicia porque neste campionato se unan "deporte e cultura, xa que nos permite amosar ese acervo cultural que temos" e a canteira, xa que, segundo parece, Galiza, é unha potencia e ten moitas posibilidades de acadar bos resultados, sobre todo en atletismo.