Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Concentración na Peregrina

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra solidarízase con Bastida

O colectivo ecoloxista esixe a posta en liberdade do patrón maior de Ferrol, que se atopa en prisión sen fianza por decisión xudicial.

Redacción - 12:41 06/06/2007

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) convocou para este venres unha concentración en solidariedade co patrón maior da confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, en prisión provisional por decisión do xulgado.

A APDR emitiu un comunicado en que amosa a súa “máis profunda solidariedade” con Bastida e esixe a súa “inmediata posta en liberdade”. Segundo o colectivo ecoloxista, o delito do patrón maior foi “loitar, xunto con miles de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da ría e pola seguridade da poboación”.

A concentración terá lugar o venres ás oito e media do serán na Praza da Peregrina de Pontevedra. Bernardo Bastida atópase en folga de fame como protesta pola decisión xudicial de telo preso sen fianza acusado de desobediencia á autoridade, coaccións, ameazas e desordes públicas. Fora detido o 29 de maio despois de participar nunha protesta contra a entrada na ría de Ferrol dun gaseiro que tiña como destino a planta de Reganosa, en Mugardos.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: