Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
En contraste coa crise da Rexión Norte

A prensa portuguesa cre que Galiza vive o “seu período máis próspero”

Destacan a "puxanza económica, política e cultural" que vive o noso país.

Redacción - 11:07 04/06/2007
O xornal compara a situación galega coa do norte de Portugal

O xornal compara a situación galega coa do norte de Portugal

Un dos principais periódicos de Portugal, o Jornal de Noticias, abre este luns cunha noticia sobre a situación económica do noso país. “Os indicadores económicos mais recentes non deixan marxe para dúbidas, Galiza atravesa o período máis próspero da súa historia e promete até superar todos os índices de crecemento de España”, sinalan na información.

O prestixioso diario luso subliña que os sectores da industria e dos servizos están servindo de motor. O medio aproveita estes datos para logo comparalos coa situación propia: “O contraste coa crise que se vive na Rexión Norte de Portugal é evidente”. Maiores salarios e unha taxa de paro menor é o saldo a favor dos galegos.

Carlos Lage, presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, di que “Galiza está cunha puxanza económica, política, cultural e cunha capacidade de afirmación moi grande. Xa non é aquela Galiza que Rosalía de Castro cantaba, un territorio pobre, de emigrantes, subalterno”. 


4,46/5 (28 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: