Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un total de 84 novos positivos detectados en 2006

A metade dos novos casos de SIDA débese a relacións sexuais "non protexidas"

Desde Sanidade subliñan a necesidade dun "esforzo preventivo".

Redacción - 09:00 03/06/2007
Tags: SIDA

Dende 1984 e até 2006 a práctica de risco máis relacionada coa transmisión da enfermidade en Galiza consiste en compartir material de inxección para a administración de drogas, un 65% dos casos rexistrados da síndrome. No último ano, un 32% dos casos detectados foron por relacións heterosexuais non protexidas e un 17% debido a relacións homosexuais non protexidas.

En total, e desde que se diagnosticara o primeiro caso da SIDA en 1981, en Galiza detectáronse un total de 3.556 casos desta enfermidade vírica. A Dirección Xeral de Saúde Pública sinala que 1.970 deles faleceron, o 55,4% dos afectados. A idade no momento do diagnóstico sitúase no 71% dos casos en adultos de entre 25 e 39 anos, porcentaxe que ascende ao 84% se se considera o treito de idade entre 20 e 44 anos.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: