O distintivo confirma as calidade das praias do país, que volven estar á cabeza do Estado
Un total de 127 praias e portos de Galiza veñen de ser distinguidos coa bandeira azul. Este distintivo que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Aedac) valora a calidade das augas, a limpeza dos areais e os servizos para os bañistas. Galiza volve colocarse á cabeza dos Estado, con moita diferenza, en canto ao número de distintivos.