O conselleiro afirma que a norma “completa e esgota” o actual Estatuto de Autonomía.
Romeu criticou ao PPdeG por non apoiar a Lei de Policía
O conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, está convencido de que a Policía Galega vai abrir "unha verdadeira terceira vía" nos modelos policiais que coexisten a nivel estatal. Porén, o socialista tivo bo tino en afirmar que será “absolutamente respectuosa” coa Constitución española.
Logo de que o Parlamento aprobase a Lei de Policía de Galicia, Romeu asegurou que a norma acaba de "completar e esgotar o vixente Estatuto de Autonomía". O conselleiro manifestou que se trata dunha lei que "contribúe decisivamente ao deseño dunha política propia de seguridade até o de agora inexistente".
Romeu aproveitou a ocasión para criticar aos populares que optaron por non dar o seu apoio á nova norma: "Probabelmente pola mesma razón que ten impedido que se abra un paso a un novo Estatuto".