O programa desenvolverase por enteiro en San Mamede.
A asociación Amigos da Terra e o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo continúan o domingo 3 de xuño co programa Multiaventura "Ourense ao paso", unha actividade que inclúe un curso de iniciación ao parapente e un outro de manexo de papaventos.
As actividades todas hanse celebrar na Serra de San Mamede, no Macizo Central Ourensán. A xornada comezará co ascenso dende o Centro de Educación Ambiental d'As Corcerizas até o alto da Serra de San Mamede, no que se realizarán estas actividades, dirixidas por monitores especializados.
Está xa aberto o prazo de inscrición. Para saber máis, na súa web.