E tamén no oitavo posto quedou o corredor da equipa galega Marcos Serrano, na carreira individual. O vencedor da Volta a Catalunya foi Vladimir Karpets, do Caisse d'Epargne, quen conservaou o liderado na sétima e última etapa.
Na última etapa da Volta o corredor ruso do o Caisse d'Epargne xa saíu con varios segundos de vantaxe sobre od outros corredores, o que xa auguraba o seu triunfo, polo que mpoitos dos ciclistas só apuraron nos minutos finais da etapa, nas ramplas do Tibidado barcelonés, en cuxa estaba a meta, mais só buscando o triunfo de etapa.
Dezanove segundos sobre Vladimir Karpets perdeu Marcos Serrano, decimoquinto na etapa, mais foi esta unha posición que lle permitiu escalar un posto máis na xeneral para terminar nun destacado oitavo lugar na segunda proba do calendario Prol Tour que disputa o Karpin Galicia. A vinte e oito segundos de Samuel Sánchez entrou o pelotón, cos restantes corredores do Karpin Galicia e o mosense Óscar Pereiro, que continúa co seu programa de preparación para o Tour.