Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Brillante actuación do Karpin Galicia na etapa raíña da Volta a Catalunya

Con gran presenza na carreira para Eladio Jiménez, fuxido dende o comezo. Nos quilómetros finais Marcos Serrano entrou na selección definitiva dos mellores da xornada para concluír décimo, como na xeneral, onde está a 1,35 Sevilla, novo líder da carreira.

Redacción - 10:28 25/05/2007
Jiménez mantívose na cabeceira do pelotón até case o final da etapa

Jiménez mantívose na cabeceira do pelotón até case o final da etapa

O corredor do Relax-Gam, Óscar Sevilla gañou a cuarta etapa da Volta a Catalunya, nunha xornada onde a equipa ciclista galega fixo unha das súas mellores actuacións na proba.

A cuarta etapa de rolda catalá, con 203,1 Qms. e seis portos de montaña entre Tárrega e Vallnord Arinsal (Andorra), non defraudou as expectativas. Arrincou cunha madrugadora fuga de tres corredores, tras o que ían outros quince corredores, entre eles Eladio Jiménez, do Karpin Galicia.

No paso polo col de Port, terceiro porto da xornada, o grupo de cabeza quedou reducido a sete corredores, que avantaxaban ao pelotón en algo máis de sete minutos. Eladio Jiménez non só se mantiña no grupo de cabeza senón que era un dos máis activos na fuga.

Por diante quedaban outros tres portos, pero sobre todo un terreo chan camiño da Seu de Urgell onde o pelotón, fortemente impulsado polos equipos Caisse d'Epargne e Astana, recortou moito as diferenzas. Na ascensión a La Comella Eladio Jiménez quedou só na cabeza de carreira con Luís Pasamontes, do Unibet.como.

A uns 6 quilómetros da meta, Jiménez baixou o ritmo

O galego puido resistir as acometidas que no seo do pelotón comezaron a desatar con especial virulencia os ciclistas do Astana, o Saunier o Duval e o Relax; mais a seis quilómetros de meta, en plena ascensión ao último porto da xornada, Vallnord Arinsal, de categoría especial, Jiménez baixou o ritmo e foi adiantado por Óscar sevilla, actual líder da Volta.

A cinco quilómetros de meta, Sevilla ía só, seguido dunha longa lista de corredores que icomezaran a esprintar antes ca el. O pelotón aínda tardou en reaccionar e foi Karpetso primeiro en atacar, seguido de só nove homes, entre os que se atopaba o corredor do Karpin, Marcos Serrano que conquistaba para a equipa galega un posto entre os dez mellores na etapa reina da Volta a Cataluña, de categoría Prol Tour.

A quinta etapa da sexta feira pode deparar outra interesantísima xornada de ciclismo, cunha cronoescalada de 17,1 Qms. entre Sornas e Vallnord-Arcalís (Andorra).


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: