Co lema do Partido Zulú, "Vimos roubar!", a análise político-musical de Zimmer 103.
"Síntete coma ese elector totalmente dexenerado que se mete na cabina para masturbarse pensando nas candidatas e candidatos, nos interventores e nos malditos membros da mesa electoral.
"O podcast producido nos estudios Grozni entra de cheo nesta descafeinada campaña electoral achegando documentos exclusivos sobre as verbas do ex alcalde burelés e última vítima das vagas bomba reivindicadas por Resistencia Galega".
Todo isto xunto a unha "explosiva análise da campaña electoral destas municipais 2007 realizada polo Lobishome, que conduce esta desconcertante edición de Ouveos na Noite.
Ouveos Zulús xa no ar! Poden escoitalo completo en Ouveos na noite