Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
23,4 millóns de orzamento

A gratuidade dos libros esténdese a todo o ensino obrigatorio

A Consellería de Educación promoverá, ademais, a substitución dos libros de matemáticas en castelán por outros na nosa lingua.

Redacción - 17:32 21/05/2007
Educación apoiará a compra de libros de matemáticas en galego

Educación apoiará a compra de libros de matemáticas en galego

Educación completará no curso 2007/2008 a gratuidade dos libros de texto para todos os niveis de ensino obrigatorio nos centros públicos. Para iso, publica no DOG do luns 21 a orde reguladora, que estende a gratuidade a 1º e 3º da ESO. Destinaranse 23,4 millóns de euros para esta acción.

No programa incluirase, ademais, o alumnado con necesidades educativas especiais de centros específicos ou ordinarios. Como novidade, repoñeranse os libros de matemáticas de 3º, 4º e 5º de primaria e 2º e 4º de secundaria nos centros onde tivesen textos en castelán durante o curso pasado, para que os poidan mercar en galego.

Tamén se substituirán os libros deses mesmos cursos que sufrisen deterioro e mais nos centros onde houbese un incremento do alumnado. Ademais, repoñeranse os libros de 1º, 2º e 6º de primaria, despois de teren pasado catro anos dende a súa implantación.

Segundo estabelece a orde, o programa aplicarase a todos os centros sostidos con fondos públicos, para que lle faciliten os libros de texto ao alumnado de ensino obrigatorio e especial na modalidade de préstamo. Reutilizaranse durante catro anos, agás os dos dous primeiros cursos de primaria.

Os pais haberán de cubrir os impresos de adquisición de libros de texto nos centros, durante os períodos de matrícula, e entregárenos nas librarías que decidan antes do 31 de xullo. Logo, os estabelecementos teranos que entregar nos centros educativos entre o 1 e o 5 de setembro.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: