Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Un valenciano gaña a Volta da Ascensión 2007

A competición celebrouse a fin de semana en Compostela, catorce anos após a última volta. Os mellores galegos foron Delio Fernández e a equipa do Froiz.

Redacción - 11:04 21/05/2007
A equipa do Comunitat Valenciana

A equipa do Comunitat Valenciana

José Luis Ruiz Cubillo, membro da equipa Comunitat Valenciana, gañou a volta nunha segunda etapa decisiva, onde foron fundamentais os segundos de vantaxe que lle tirou ao pelotón. Segundo quedou Sergio Herrero, do Spiuk; e terceiro Óscar Laguna,da equipa galega do Froiz.

Durante os tres días que durou a volta, rganizada polo Clube Ciclista Compostelán e a Fundación Compostela Deporte, mozos e veteranos, das categorías de Sub-23 e Elite, loitaron por unha praza no podio, que estaba situado na Avda. Xoán Carlos I. Foi unha oportunidade de ver as novas promesas e aos ciclistas xa veteranos correr xuntos, sobre todo nas etapas de fóra do Concello de Santiago, onde estaban os tramos máis difíciles da volta. Segundo o director do Karpin Galicia, Álvaro Pino –que correu a Volta en cinco edicións-, esta terceira etapa era unha "rompe pernas", sobre todo polos altos de Lampai e Montouto, onde os corredores deron o mellor de si.

En canto aos corredores galegos, o que fixo unha mellor carreira foi Delio Fernández, e por equipas, a galega do Froz foi a que quedou en primeiro lugar na clasificación xeral.

A próxima cita importante no calendario do ciclismo galego será a Volta a Galicia, que sairá o vindeiro 30 de maio de Monforte; trátase dunha proba moi especial tanto polo seu percorrido, tocando os camiños xacobeos, como polo crecemento en número de equipas e a súa internacionalización.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: