Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tenis

Lourdes Domínguez supera a fase previa do Aberto de Roma

Aínda que perdeu o sábado ante a croata Karolina Sprem, quedando fóra da clasificación, volve agora, ao lesionarse a francesa Marion Bartoli.

Redacción - 13:57 15/05/2007

A tenista galega pasou onte directamente á seguinte fase dos Internacionais BNL de Tenis de Italia, ao se lesionar a súa rival, Marion Bartoli, que si tiña superado a fase previa eliminatoria.

A pesares de ter perdido fronte a Karolina Sprem, por 7-5 e 6-4, na última rolda da fase previa dos Internacionais BNL, cuxo torneo feminino comeza este martes, a galega pasou á seguinte fase e vai competir nos cadros principais do Aberto italiano.

Segundo informaron fontes do torneo italiano, a tenista lesionada, Marion Bartoli, sofre un problema na cadeira que lle impide participar na competición, polo que foi "repescada" Lourdes Domínguez Lino, quen obtivo o mellor resultado entre as tenistas eliminadas na última ronda da previa. A xogadora galega enfrontarase agora á estona Kaia Kanepi.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: