Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[TENIS]

Lourdes Domínguez proclámase campioa de España

A tenista pontevedresa Lourdes Domínguez proclamouse este domingo campioa de España logo de vencer por 6-1 e 6-0 a sevillana Estrella Cabeza. Ao triunfo acadado na fin de semana na pista central da Real Sociedade de Tenis de Santander hai que sumarlle este o WTA de Bogotá e o subcampionato en Hungría. Domínguez non tivo rival no torneo estatal e venceu antes da final a Mireia González, Carla Suárez e Laura Pous.

- 08:00 11/09/2006
Tags:

Cun claro 6-1 e 6-0 na final ante Estrella Cabeza, a pontevedresa Lourdes Domínguez proclamouse o domingo campioa de España. Logo do seu paso polo US Open, onde perdeu na primeira rolda ante Serena Williams, a tenista galega venceu con autoridade no campionato estatal.

A mellor nova para Domínguez é a súa melloría física, logo de sufrir nos últimos anos numerosas lesións, o que lle permite ser máis competitiva en partidos longos. Actualmente a tenista galega ocupa o posto 41 no ránking da WTA.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: