Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda que eliminará outra ducia dos existentes

Fomento non suprimirá o paso a nivel do último sinistro e os veciños mobilizaranse cada día 25

A vía foi cortada outra vez á altura de Valga en lembranza dos tres falecidos a semana pasada. Denuncian que as barreiras seguen fallando.

Redacción - 09:00 04/05/2007

"Hai tres anos viñeron os técnicos e visitaron a zona, decidimos dar os nosos terreos e que nolos pagasen entre os 9 e 10 euros por metro cadrado, pasou o tempo e aquí non volveu ninguén", comentou para Europa Press un dos veciños do lugar, Manuel Castiñeiras. El foi un dos veciños aos que lle expropiaron uns terreos con motivo da supresión dos pasos a nivel. "Se o fixesen entón agora non estariamos aquí pedindo que quiten estes pasos", insiste.

O colectivo veciñal da zona continuará coas mobilizacións, que cando menos se realizarán todos os días 25 de cada mes, en lembranza do último accidente. As mobilizacións poderían incluír, ao xeito de días pasados, os cortes da vía para evitar o paso dos trens. "Polo menos ata que se asine o convenio de supresión", advirten.

Na xuntanza celebrada este xoves no Concello entre o alcalde, o delegado do goberno español e técnicos de Adif concretouse que a sinatura do convenio está pendente da viabilidade da construción dun paso a nivel superior en Campaña, onde se produciu o accidente. Os veciños insisten en pedir máis vixilancia e avisan de que as barreiras seguen fallando.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: